QUEREMOS UNIVERSIDADE POPULAR DE OURENSE. QUEREMOS UPO, PORQUE A UPO SOMOS TODOS NÓS.
A Universidade Popular de Ourense forma parte do acervo cultural da cidade desde hai 25 anos e máis de 100 a nivel nacional, naceu da man de figuras como Antonio Machado e Vicente Blasco Ibáñez. A Ourense chegou en 1910 e nela impartiron caligrafía ou lectura Vicente Risco e Otero Pedrayo, entre outros. Esta semana espertabámonos coa triste e indignante noticia da súa desaparición, cando é un servizo vital para a cidade e a demanda crecente da mesma, así o demostra ano tras ano. A Universidade Popular de Ourense, específica en formación continua, impartiu docencia a milleiros de persoas que cada ano encheron as súas aulas, dun amplo rango de idades. Alcanzando máis de 3000 alumnos no último curso e ao redor de 4000 solicitudes de inscrición. A demanda crece cada ano, así como o número de ofertas formativas e profesorado. Por que o peche? Por que molesta que exista unha Universidade para adultos de formación continua? Por que ese desexo de impedir que os milleiros de ouren