QUEREMOS UNIVERSIDADE POPULAR DE OURENSE. QUEREMOS UPO, PORQUE A UPO SOMOS TODOS NÓS.
A Universidade Popular de Ourense forma parte do acervo cultural da cidade desde hai 25 anos e máis de 100 a nivel nacional, naceu da man de figuras como Antonio Machado e Vicente Blasco Ibáñez. A Ourense chegou en 1910 e nela impartiron caligrafía ou lectura Vicente Risco e Otero Pedrayo, entre outros.
Esta semana espertabámonos coa triste e indignante noticia da súa desaparición, cando é un servizo vital para a cidade e a demanda crecente da mesma, así o demostra ano tras ano.
A Universidade Popular de Ourense, específica en formación continua, impartiu docencia a milleiros de persoas que cada ano encheron as súas aulas, dun amplo rango de idades. Alcanzando máis de 3000 alumnos no último curso e ao redor de 4000 solicitudes de inscrición. A demanda crece cada ano, así como o número de ofertas formativas e profesorado.
Por que o peche? Por que molesta que exista unha Universidade para adultos de formación continua? Por que ese desexo de impedir que os milleiros de ourensáns, que gozan ou gozaron dela, continúen facéndoo?
A UPO, na súa falta require de máis medios, máis financiamento e máis oferta, esas son as melloras que necesitamos, pero NON O seu PECHE.
A Educación e a Cultura é un ben común de todos, a Universidade Popular de Ourense é un buque insignia do Concello da cidade, permitan que dita institución e os seus profesionais continúen co seu traballo e os alumnos coa súa aprendizaxe.
Porque a UPO somos todos,
A UPO SOMOS NÓS.
#queremosupo
#nonaopecheUPO
Soy Belén, alumna de Salo en Artes Plásticas. Es mi tercer curso en la UP y me encantaría seguir siéndolo muchos años más. Me gusta todo del curso: lo que hacemos, cómo se adapta a cada alumno, las relaciones y el buen clima entre nosotros, el horario, el precio... Ojalá se reconsidere el cierre o traspaso al conocer las inquietudes tan positivas de todos alumnos. El Concello debe dar servicio a los ciudadanos y lo da muy bueno con esta UP. Se pueden arreglar muchas cosas en la ciudad y si algo funciona, no veo la necesidad de cambiarlo o eliminarlo. No perdamos la esperanza.
ResponderEliminarMuchas gracias por tu apoyo. Entre todos vamos a conseguir que no se cierre.
EliminarÉste artigo teríao que leer o iletrado de alcalde que nos quere pechar a UPO, porque dice que so se fai “ calceta” para as amas de casa
ResponderEliminarhttps://www.niusdiario.es/sociedad/espanoles-arrasan-vendiendo-ovillos-internet-tejer-lana-nuevo-yoga_18_2960745041.html?fbclid=IwAR2Glke-7clKknpAjVdVk3O5EP1pybmLbJj53i-lKWKesaVRvs4sNau_1qY
Éste artigo teríao que leer o iletrado de alcalde que nos quere pechar a UPO, porque dice que so se fai “ calceta” para as amas de casa
ResponderEliminarhttps://www.niusdiario.es/sociedad/espanoles-arrasan-vendiendo-ovillos-internet-tejer-lana-nuevo-yoga_18_2960745041.html?fbclid=IwAR2Glke-7clKknpAjVdVk3O5EP1pybmLbJj53i-lKWKesaVRvs4sNau_1qY