Hoxe chéganos o apoio de Ton Risco, músico e docente. E coa súa achega facémonos unha pregunta, que pensaría o seu tío avó, se soubese que a Universidade Popular de Ourense, onde el impartiu clase a moit@s ourensáns cos seus amigos Otero Pedrayo e López Cuevillas, está en quebra, que o rexedor da nosa cidade 111 anos despois, considera que non é un servizo óptimo, e que as miles de persoas que desexamos a súa continuidade, somos unha "minoría ruidosa" sen valor ningún nin lexitimidade? Que interesante sería asistir a unha conversa entre o seu tío avó, Vicente Risco, e o noso señor alcalde, na que este último expuxese todas as súas razóns para o seu desmantelamento... Grazas Ton Risco polo teu apoio, en momentos tan complicados. Se queres apoiarnos FIRMA: http://chng.it/YcF94WkdNf #queremosupo #nonaopechedaupo #concelloourense - Hoy nos llega el apoyo de Ton Risco, músico y docente. Y con su aportación nos hacemos una pregunta, qué pensaría su tío abu...
Comentarios
Publicar un comentario