Rosa M. Fernández (Apoyo)
🌙🌾 Esta tarde Rosa M. Fernández, cunha testemuña que resume moi ben o que para todos nós é a Universidade Popular de Ourense, quere facernos chegar a súa mensaxe.
-
🌙 🌾Esta tarde Rosa M. Fernández, con un testimonio que resume muy bien lo que para todos nosotros es la Universidad Popular de Ourense, quiere hacernos llegar su mensaje.
Si compartes a nosa posición, agradécemola túa FIRMA:
http://chng.it/YcF94WkdNf
"Son alumna de UPO dende fai moito, cada ano vexo como se incrementa o número de alumnos e alumnas que demandan esta educación pública, o que demostra o interese que suscita. Asistín e asisto a cursos de diversas materias, polo que coñezo a compañeros e compañeras con sensibilidades diferentes, pero a todos nos une o desexo de adquirir coñecemento e habilidades que, nuns casos van encamiñados o crecemento persoal como individuos, e noutros para conseguir competencias que axunden no ámbito laboral ou estudantil.
A UPO logra ámbolos dous propósitos, ademáis de ser un elemento socializador que contribúe a dinamizar as ansias de cultura e educación dos e das cidadáns de Ourense.
O profesorado que me impartiu e me imparte as súas ensinanzas demostraron competencias sobradas e capacidade para transmitir os coñecementos, e que me levan hacia o libre pensamento.
A UPO tenta abranger tódalas inquedanzas que son inherentes ó ser humano e que nos diferencian das outras especies.
Querer pechar a UPO é privar a todos nós das oportunidades de acceso a cultura e a educación, un dereito reflectido na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, ártigo 26, punto 2: "A educación terá por obxeto o pleno desenvolvemento da personalidade humana e o fortalecemento do respeto ós dereitos humanos e as liberdades fundamentáis; favorecerá a comprensión, a tolerancia e a amizade entre tódaslas nacións e tódolos grupos étnicos ou relixiosos, promoverá o desenvolvemento das actividades das Nacións Unidas para o mantemento da paz."
Quen vete o dereito á educación, xa acadado e coa infraestructura cuberta como é neste caso, irá en contra desta declaración universal.
Non ao peche da UPO. A UPO somos Nós."
Comentarios
Publicar un comentario